Guitiriz celebrará o 8M cunha manifestación este sábado

TerraChaXa
Sairá ás 19 horas do Campo da Feira
manifestacion-guitiriz-8m
6 Mar 2025

O Concello de Guitiriz conmemorará o 8M, Día da Muller, cunha manifestación para darlle visibilidade á loita pola igualdade de dereitos e a importancia de seguir Sementando Igualdade e de estender na sociedade os valores do feminismo.

O sábado, 8 de marzo, haberá unha manifestación con saída ás 19 horas do Campo da Feira de Guitiriz. A agrupación Trapeiros dos Vilares encargarase de poñer o peche á xornada cunha foliada.

Desde o Concello animan ás persoas asistentes a que leven as súas pandeiretas, tanto para a manifestación como para a foliada.

⚙ Configurar cookies
0.80451607704163