Guitiriz celebrará o 8M unha manifestación baixo o lema 'Polo seu pasado, polo noso futuro'

O Concello de Guitiriz conmemorará o 8M, Día da Muller, cunha manifestación para darlle visibilidade á loita pola igualdade de dereitos baixo o lema Polo seu pasado, polo noso futuro, transmitindo a idea de que somos quen somos grazas ao esforzo das que estiveron antes ca nós e temos a obriga de seguir avanzando para garantir a liberdade e a igualdade das que virán.
O domingo, 8 de marzo, haberá unha manifestación con saída ás 12 horas do Campo da Feira de Guitiriz.