Guitiriz celebrará o Día do Libro cunha nova edición do seu concurso de relatos

TerraChaXa
Guitiriz celebrará o Día do Libro cunha nova edición do seu concurso de relatos para premiar a creatividade da súa veciñanza
tes un conto casa habanera portada
6 Abr 2023

O Concello de Guitiriz, a través da súa Biblioteca Pública Municipal Casa Habanera, organiza un concurso de relatos para celebrar o Día do Libro. Despois da boa acollida das edicións anteriores, a actividade Tes un conto... regresa para fomentar e premiar a creatividade da súa veciñanza.

Todos os interesados poden escribir e enviar a súa obra ata o día 5 de maio, cando se pechará a recollida de relatos. Non hai límite de idade para participar no concurso e tampouco un límite de liñas, pero si un requisito: todos os contos deben incluír as palabras “león”, “lúa”, “troita”, “árbore”, “libro”, “paxaro”, “globo”, “escaleira” e “casa”.

Os escritos deben ser enviados á dirección de correo biblioteca@concellodeguitiriz.com indicando o nome completo, idade e un teléfono de contacto.

tes un conto casa habanera
0.20658397674561