Guitiriz conmemorará o 8M cunha manifestación e unha obra teatral

TerraChaXa
Guitiriz conmemorará o 8M cunha manifestación e unha obra teatral. O mércores 8 de marzo, Día da Muller, haberá unha concentración ás 19 horas
manifestacion guitiriz 8M 2023 portada
1 Mar 2023

O Concello de Guitiriz conmemorará o 8M, Día da Muller, cunha manifestación para darlle visibilidade á loita pola igualdade de dereitos e a importancia de estender na sociedade os valores do feminismo e unha obra teatral.

O mércores, 8 de marzo, haberá unha manifestación con saída ás 19 horas no Campo da Feira de Guitiriz. O lema escollido para este ano é En Guitiriz somos feminismo. Iguais e libres.

Ademais, o venres 31 de marzo, dentro da programación de actividades polo 8M, a Casa Habanera acollerá A síndrome de Lis, un monólogo teatralizado escrito e dirixido por Diana López Varela e interpretado por Rocío Barrio.

A actuación terá dous pases: un para o público en xeral e outro para o alumnado do IES Poeta Díaz Castro.

Trátase dun monólogo teatralizado dirixido a público adolescente (+14) e adulto, cunha duración duns 70 minutos, no que, en clave de comedia, a protagonista fará un repaso á súa vida e aos seus éxitos e fracasos, coa autoestima como fío condutor (e destrutor). Os trastornos de ansiedade e a depresión, a síndrome da impostora, o acoso sexual e a proxección dunha falsa imaxe nas redes son temas que conflúen nesta peza.

manifestacion guitiriz 8M 2023

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.087291955947876