Guitiriz conta cunha nova centenaria

O Concello de Guitiriz quixo sumarse á celebración do centenario da veciña Segunda Roca Codesal, que vive no lugar de Lamela (Pígara).
A concelleira de Servizos Sociais, Sofía Sánchez, e a traballadora social do Concello, Inés Vázquez, visitárona na súa casa neste momento tan especial e leváronlle un agasallo.