Guitiriz contará cun novo Torneo de Parchis o 9 de novembro

TerraChaXa
Conta con prazas limitadas e as inscricións pódense formalizar ata o 7 de novembro na Biblioteca Casa Habanera
torneo-de-parchis-guitiriz
29 Out 2024

O Concello de Guitiriz abriu este luns, 28 de outubro, o prazo para anotarse no II Torneo de Parchís Concello de Guitiriz, que se celebrará na Biblioteca Casa Habanera o sábado 9 de novembro.

As inscricións estarán abertas ata o 7 de novembro e pódense formalizar na Biblioteca Casa Habanera, tanto de xeito presencial como chamando por teléfono ao 982 370 062. As prazas son limitadas.

O torneo celebrarase de 17:15 a 19:15 horas e está aberto a todas as idades, aínda que os menores terán que ir acompañados dunha persoa adulta.

0.19498705863953