Guitiriz contará cun programa de obradoiros na natureza este verán

TerraChaXa
O Concello de Guitiriz lanza o programa Aventúrate na natureza, a través do que se levarán a cabo diferentes actividades ao aire libre.
aventuratena natureza cartel
13 Xuño 2021

O Concello de Guitiriz lanza o programa Aventúrate na natureza, dirixido a nenos e nenas de 8 a 12 anos, e a través do que se levarán a cabo diferentes actividades ao aire libre co obxectivo de coñecer a contorna natural e cultural.

Para iso, deseñáronse varios obradoiros con temáticas diferentes:

  • Martes, 20 de xullo, de 9:30 a 13:30 horas. Coñece a granxa ecolóxica de Bertolos.
  • Xoves, 22 de xullo, de 10:30 a 13:30 horas. Crea o teu herbario.
  • Martes, 27 de xullo, de 10:30 a 13:30 horas. Obradoiro coñece á muller galega.
  • Xoves, 29 de xullo, de 10:30 a 13:30 horas. A busca do tesouro.
O prazo de inscrición estará aberto desde mañá, 14 de xuño ata o 8 de xullo, e as prazas serán limitadas, asignándose por orde de inscrición.
aventurate na natureza guitiriz
0.10544610023499