Guitiriz contará cunha charla sobre nutrición dentro do programa Xunt@s
TerraChaXa
A Deputación de Lugo continúa en Guitiriz con accións do programa Xunt@s, creado con actividades gratuítas, de lecer e formación para contribuír ao envellecemento activo no rural a través do impulso da participación cidadá e o asociacionismo.
12 Maio 2024

Así, este martes 14 de maio organizarase unha charla gratuíta sobre nutrición e hábitos saudables a partir das 17.00 horas na Casa Habanera.