Guitiriz continúa coa mellora da rede viaria cunha actuación en Santa Cruz

TerraChaXa
Ás obras realizadas no pasado 2024 hai que sumarlle unha nova actuación que dará comezo proximamente
obras-santa-cruz-guitiriz
11 Apr 2025

O Concello de Guitiriz continúa traballando na renovación da súa rede viaria a través do Plan de Mellora de Camiños 2024-2025.

Na anualidade pasada, 2024, realizouse o aglomerado da estrada que conecta Penabico con Candorco, na parroquia de Santa Cruz, unha zona na que se continuará traballando na presente anualidade. Está previsto que a seguinte actuación na parroquia sexa o aglomerado da estrada de Ixavara, que dará comezo proximamente. O orzamento total destinado a este proxecto ascende a 94.305,88 euros.

Ademais destas actuacións, dentro do Plan de Mellora de Camiños tamén se inclúe a redacción do Estudo da Rede Viaria Municipal, cun orzamento de 12.100 euros. Este traballo xa está en marcha e permitirá contar cunha visión integral das necesidades e prioridades da rede de camiños do municipio.

A alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, explica que “seguimos traballando para mellorar a calidade de vida da veciñanza, facilitando uns accesos máis seguros, cómodos e eficientes no noso territorio rural”.

⚙ Configurar cookies
0.13972496986389