Guitiriz continuará este verán co programa Concilia
Un verán máis, o Concello de Guitiriz porá en marcha o programa Concilia, co que se pretende dar unha axuda aos pais á hora de conciliar a vida laboral e familiar precisamente nas vacacións escolares.
Así, o Concello realizará un campamento urbán durante os meses de xullo e agosto en catro quendas de quince días nas que haberá un máximo de 20 rapaces por ciclo. Os pequenos realizará todo tipo de actividades en xornada de mañá e parte da tarde para facilitar aos pais que non teñen vacacións o seu coidado durante estes meses.
O programa acollerá a pequenos de 3 a 9 anos de idade e os pais terán liberdade para apuntalos a unha ou varios grupos dependendo das súas necesidades. Este mesmo programa Concilia levouse a cabo tamén nas vacacións de Nadal cun gran éxito.
Dentro desde mesmo programa Concilia, o Concello de Guitiriz leva a cabo o Servizo Madrugadores, que está en marcha dende o ano 2006 e que se leva a cabo do CEIP Lagostelle.
A actividade consiste en abrir o centro dende as oito da mañá para que os nenos podan quedar custodiados no centro ata que comece a actividade lectiva para facilitar a entrada dos pais aos centros de traballo. Este servizo é totalmente gratuíto e o Concello de Guitiriz foi o primeiro e implantalo, tal e como afirma a alcaldesa, Regina Polín.
Este servizo é moi flexible, o que permite aos pais máis liberdade á hora de optar por días esporádicos ou variar a hora de entrada en función das necesidades. Poden acollerse a este programa todos os nenos de 3 a 12 anos. A idea da alcaldesa é poder ampliar o horario tamén para as tardes, cando rematan a xornada lectiva e que podan estar atendidos e se lles axude a facer os deberes.