Guitiriz convida a descubrir o mundo a través da realidade virtual

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, en colaboración co Concello de Guitiriz, presentará este venres 12 de setembro a exposición Dende Guitiriz cara o mundo: accións locais con impacto global. A iniciativa terá lugar ás 11:00 horas na Escola Habanera e busca achegar ao público á experiencia da realidade virtual mediante o uso de gafas dixitais.
O obxectivo é que veciñanza e visitantes poidan coñecer de primeira man unha ferramenta tecnolóxica innovadora que permite explorar novos formatos de aprendizaxe e sensibilización arredor da cooperación internacional e das accións locais con repercusión global.