Guitiriz convoca un concurso para deseñar o logo da Carreira Popular
O Concello de Guitiriz quere involucrar aos seus veciños no deseño do logo da tradicional Carreira Popular, que non se celebra nos últimos anos e que este ano recuperou o goberno local para o 9 de febreiro.
Para isto, convocouse a través da súa páxina oficial de Facebook e do directorio web un concurso aberto a toda a ciudadanía para que presenten as súas propostas de logo. O único requisito é que o deseño estea relacionado co pobo e o deporte.
O concelleiro de Deportes, Iván Morado, anima a todos os vecinos e veciñas a participar nesta iniciativa que ‘perdurará durante todas as edición que se fagan da Carreira Popular’.
O plazo para presentar as propostas xa está aberto e finaliza o 28 de outubro. Os interesados deben enviar os deseños ao enderezo electrónico imorado@concellodeguitiriz.com.
O deseño gañador recibirá unha “Tablet Wacom” e diploma.