Guitiriz creará unha nova zona verde de ocio infantil no Campo da Feira

TerraChaXa
O proxecto, cun investimento de 39.730 euros, forma parte dun plan máis amplo para mellorar os espazos de lecer do municipio
nova-zona-verde-de-ocio-infantil-no-Campo-da-Feira-Guitiriz
8 Nov 2025

O Concello de Guitiriz vén de iniciar os traballos para habilitar unha nova zona verde de ocio dirixida aos máis pequenos no Campo da Feira, unha actuación que conta cun orzamento de 39.730 euros.

Para a execución do proxecto foi necesario cortar dous cipreses e un piñeiro, ademais de retirar varios arbustos. O obxectivo é substituír o pavimento actual por un espazo verde acondicionado, pensado especificamente para o xogo e o desfrute da infancia.

Esta intervención enmárcase dentro dun convenio de colaboración coa Deputación de Lugo e corresponde á primeira fase dun proxecto máis amplo co que o Concello pretende ampliar e mellorar o espazo de lecer infantil do Campo da Feira.

Nunha segunda fase, o goberno local prevé acometer a ampliación da área dedicada ao parque infantil, completando así a transformación e posta en valor desta contorna destinada ao ocio familiar.

⚙ Configurar cookies
0.076931953430176