Guitiriz deseña unha programación para Nadal con música, teatro, obradoiros e saídas

TerraChaXa
O Concello de Guitiriz elaborou unha completa programación cultural e de lecer para a época do Nadal, dirixida a todos os públicos con opcións musicais, de teatro, talleres e tamén excursións.
ponte medieval rabade
16 Dec 2019

O Concello de Guitiriz elaborou unha completa programación cultural e de lecer para a época do Nadal, dirixida a todos os públicos con opcións musicais, de teatro, talleres e tamén excursións.

O venres, 20 de decembro, a Escola Municipal de Música celebrará o seu Festival de Nadal ás 20.30 horas na Casa Habanera. Ao día seguinte, sábado 21 de decembro, o Apalpador visitará aos máis pequenos do municipio: estará ás 11.30 horas no Campo da Feira de Parga e ás 12.30 horas no Campo da Feira de Guitiriz.

Xa o luns, 23 de decembro, a Casa Habanera acollerá ás 17 horas a actuación musical Pakolas en Concerto. No mesmo lugar representarase a cabo a obra O Cachopo máxico o venres 27 de decembro ás 17.30 horas.

Haberá unha excursión a Silleda Park o luns 30 de decembro. A saída está fixada ás 15 horas desde o Campo da Feira de Guitiriz. O 2 e 3 de xaneiro de 11 a 12.30 horas celebrarase un taller de Origami na Casa Habanera dirixido a nenos e nenas maiores de 7 anos.

Ademais, inclúese na programación do Nadal a exposición Os Xoguetes dos meus avós de Pepe de Pígara, que estará na Casa Habanera desde o 21 de decembro ata o 10 de xaneiro.

A cabalgata dos Reis Magos será, como sempre, o 5 de xaneiro en Parga e Guitiriz.   

 

0.12471294403076