Guitiriz desfrutou da IV Festa da Torta do Millo, que pechou o concerto de Tanxugueiras
Este domingo o Campo da Feira a VI Festa da Torta de Millo de Guitiriz encheuse de veciños e turistas na festa dedicada a este postre típico da localidade. O Concello deseñou un programa de actividades que tivo o seu punto álxido co concerto de Tanxugueiras.
A degustación e venda da torta volveu contar con público constante, que estivo entretido tamén por outras actividades parelelas que se organiaron como xogos populares, obradoiros e exposicións.
Ademais de torta de millo, tamén houbo postos de artesanía para completar a oferta. Xunto a esto cobrou importancia a animación musical, que contou con co concerto de Tanxugueiras para pechar esta edición da festa. Ademais, actuaron as agrupacións musicais do municipio: o grupo de pandeireteiras Na Casa do Zoqueiro, a escola de música da UNED, a banda municipal e o grupo de gaitas municipal.