Guitiriz duplica o número de empresas adheridas ao Sicted
Catorce anos despois de comezar a implantación en Guitiriz do Sicted, Sistema Integral de Calidade Turística en Destinos, este sistema segue consolidándose no sector turístico do municipio e agora duplica o número de empresas adheridas.
Un total de 17 empresas e organismos; entre as que se atopan bares e cafeterías, restaurantes, pensión, albergue, cámping, oficina de turismo, taxi, organismos de seguridade cidadá e comercios; son as que están a traballar neste momento para superar a avaliación e implantar ou renovar o distintivo.
Desde o Concello considérase fundamental o traballo conxunto e a cooperación público – privada para obter éxitos como este e valórase o esforzo realizado polas empresas para conseguir o distintivo de Calidade Turística.
O Sicted, Sistema Integral de Calidade Turística en Destinos, é un proxecto de mellora da calidade dos destinos turísticos promovido pola Secretaría de Estado de Turismo (SET), co apoio da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) co obxectivo de mellorar a calidade e a competitividade das empresas turísticas e dos destinos así como de mellorar a experiencia e a satisfacción do turista.
Para as empresas é unha moi boa oportunidade de potenciación das súas ferramentas de xestión, de incremento da competitividade e mellora da visibilidade de fronte ao visitante. Así mesmo, enmarcado neste proxecto, tendo en conta o crecemento na afluencia no Camiño de Santiago, prepárase unha xornada de axuda á adaptación dos establecementos ás necesidades desta demanda en auxe.
Lista de establecementos que participan actualmente e que se distribúen por ciclos.
Este é o grupo maioritario, que está en ciclo de renovación e seguimento.
• Panadería David.
• Panadería A Esquina.
• Fotografía Kantero.
• Restaurante La Casilla.
• Bar O Korreo.
• Bar Cit.
• Bar Xoldra.
• Oficina de Turismo.
• Policía Local.
En Ciclo 2, que son as empresas que entraron o ano pasado e distinguíronse por primeira vez:
• Restaurante El Merendero.
• Albergue Wittericus.
• Cámping O Mesón.
En Ciclo 1, que son os que entraron este ano por primeira vez e que teñen pendente a asistencia á formación para adquirir a distinción:
• Taxi Ángel Neira.
• Bar A Capela.
• Protección Civil.
• Bar O Recreo.
• Taberna a Modia.