Guitiriz e a lusa O Seixal analizan as respectivas políticas de sostibilidade nun encontro

TerraChaXa
Os representantes da Cámara Municipal de O Seixal (Portugal) explicaron na Casa Habanera de Guitiriz as políticas que están a levar a cabo para implementar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) e tamén as boas prácticas que aplican no marco da Axenda 2030 fixada pola ONU.
Captura de pantalla 2019 09 26 a las 9.26.15
22 Nov 2019

Os representantes da Cámara Municipal de O Seixal (Portugal) explicaron na Casa Habanera de Guitiriz as políticas que están a levar a cabo para implementar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) e tamén as boas prácticas que aplican no marco da Axenda 2030 fixada pola ONU.

Este encontro forma parte do programa Intercambios Galicia-Portugal: os municipios a prol dos ODS, organizado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, e o Concello de Guitiriz é un dos seis municipios galegos, xunto con Ponteareas, Vilagarcía, As Pontes, Pontevedra e Verín, que se adheriron.

As sesións, que finalizan hoxe, están dinamizadas por persoal especializado da ONG lisboeta Instituto Marquês de Valle Flôr. Ademais de presentar o perfil de cada municipio, o galego e o portugués, e de revisar os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable, as xornadas de traballo permiten profundar nas fases para a localización dos ODS, é dicir, para integralos nas políticas públicas locais.

Paralelamente a este encontro, haberá unha exposición que virará ao redor dos 17 obxectivos de desenvolvemento sustentable. Permanecerá na Casa Habanera ata o 10 de decembro e poderá verse de 11 a 14 horas.

0.13853192329407