Guitiriz en Ruta contou na última edición con 20 participantes
TerraChaXa
Os asistentes fixeron un percorrido de 14 quilómetros seguindo o curso do río ata Betanzos
27 Nov 2024
O programa Guitiriz en Ruta reuniu a 20 participantes na Ruta do Río Mendo o pasado domingo, 24 de novembro, na que foi a penúltima saída desta sexta edición.
En total, os asistentes fixeron un percorrido lineal de 14 quilómetros seguindo o curso do río Mendo, desde a Ponte das Moas en Oza dos Ríos ata a súa desembocadura no río Mandeo, en Betanzos.
A andaina, de dificultade media, tivo unha duración de catro horas aproximadamente nunha xornada marcada polo bo tempo e as agradables temperaturas.
O programa Guitiriz en Ruta contará cunha última saída antes de que remate o ano, coa Ruta do Río Requeixo o domingo 22 de decembro.