Guitiriz en Ruta e BTTeando despídense ata despois do verán percorrendo a Ruta da Pedra

TerraChaXa
O prazo para inscribirse acaba o xoves 23
btteando-por-guitiriz-ruta
Unha ruta xa celebrada
22 May 2024

BTTeiros Cova da Serpe e o Concello de Guitiriz continúan este domingo coa nova edición do programa BTTeando por Guitiriz, a sexta, unha iniciativa que integra unha serie de rutas en bici abertas para todos os públicos unha vez ao mes. Combínase co programa Guitiriz en ruta, para camiñantes.

Así remata o programa antes do parón de verán este domingo, 26 de maio coa Ruta da Pedra Díaz Castro nos Vilares. O prazo para inscribirse acaba o xoves 23 e pode facerse no concello ou no teléfono 982 370 109. Para o caso do BTTeando poden inscribirse tamén no colectivo Cova da Serpe.

En outubro volverán con Bascuas e o Camiño Real por San Salvador e a do pantano de San Xoán en novembre. Está previsto rematar o día 29 de decembro coa Ruta de Fin de Ano, con saída e chegada á praza do Campo da Feira de Guitiriz.

É obrigatorio o uso de casco e levar unha peza de froita (aconsellable plátano) e auga. Pode haber algún cambio nas datas debido ao mal tempo ou algunha outra causa xustificada, casos nos que se avisaría coa maior antelación posible.

btteando-por-guitiriz

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17199397087097