Guitiriz estrea unha nova canle de comunicación municipal vía Whatsapp

TerraChaXa
O Concello de Guitiriz habilitou hoxe un servizo de información municipal vía Whatsap.
Whats Guitiriz
25 Maio 2020

O Concello de Guitiriz habilitou hoxe un servizo de información municipal vía Whatsap. Así, a veciñanzar disporá dunha nova canle de comunicación que lles permitirá estar informados de todo o que ocorre na súa vila a través do seu móbil e de xeito instantáneo.

Os interesados ou interesadas en recibir nos seus smarthpone todo o que sucede en Guitiriz ao momento deben enviar a palabra ALTA ao número 604 078 530 e, a partir dese momento, comezarán a recibir as novas.

A través deste servizo o Concello comunicará tanto información de servizo, como diferentes novas da xestión municipal e tamén datas de eventos deportivos, culturais, etc. A alcaldesa, Marisol Morandeira, explicou que “desde que chegamos ao goberno local propuxémonos como obxectivo que os veciños e veciñas de Guitiriz estivesen informados de todo o que facemos e das posibilidades que teñen no seu Concello, e esta nova canle de comunicación facilita as cousas neste sentido”.

0.23054695129395