Guitiriz fará unha homenaxe a Díaz Castro na entrega do Trapeiro de Honra

O vindeiro sábado día 2 de outubro, a AC Xermolos, a Asociación socio-cultural Lareira de soños e o grupo poético NPG Nova Poesía Guitirica coa colaboración do Concello de Guitiriz, organizan a homenaxe ao poeta dos Vilares Xosé María Díaz Castro polo 31 cabodano do seu pasamento.
O acto, terá lugar no cemiterio de Guitiriz ás 18:30 coa intervención de Alfonso Blanco, Xulio Xiz e Antón de Guizán. A poeta da NPG Nova Poesía Guitirica María Xosé Lamas recitará un poema dedicado a Díaz Castro.