Guitiriz habilita un punto de lavado de bicis na rúa Sesulfe
O Concello de Gutiriz vén de acondicionar un punto de lavado de bicis que xa está operativo. Conta con pavimento en formigón, as estruturas para apoiar os vehículos e tres billas para poder lavar as bicicletas. Desde o Concello sinálase a “alta demanda que existía desde diferentes colectivos para que instalásemos este servizo. Cada vez son máis persoas que empregan estes vehículos para coñecer o noso municipio, polo tanto que menos que facilitarlle un punto deste tipo ás e ós usuarios das bicicletas”, apuntan.
Este está situado no aparcamento da Rúa Sesulfe (ao lado do Campo da Feira), tal e como explicou o colectivo Btteiros Cova da Serpe. "Queremos agradecer ao Concello de Guitiriz por escoitar a nosa petición e facela posible! Cada vez son máis persoas as que veñen coñecer Guitiriz a golpe de pedal e sen dubida esto mellorará a sua experiencia", explican.