Guitiriz inaugura a exposición póstuma de Ana Sastre

TerraChaXa
O Concello de Guitiriz inaugura a exposición póstuma de Ana Sastre ‘Proxecto Guitiriz Virxes Románicas de Galicia’
inauguracion exposicion ana sastre virxes romanicas
3 Aug 2022

Poderase visitar ata o 17 de agosto, en horario de mañá, de luns a venres de 10:00 a 14:00 horas, e en horario de tarde, o luns e o xoves, de 16:00 a 18:00 horas na Casa Habanera.

Guitiriz inaugurou esta mañá ás 12:00 horas na Casa Habanera a exposición póstuma de Ana Sastre Proxecto Guitiriz Virxes Románicas de Galicia, reproducións elaboradas en madeira, pasta de papel e cola de carpinteiro de tallas dos séculos X, XI e XII que se poden atopar espalladas polas catro provincias galegas. Son un total de 16, repartidas de tal xeito:

  • Provincia de Lugo: Virxe do Leite (Desván da Catedral de Mondoñedo); Virxe co Neno (Negueira de Muñiz, A Fonsagrada); Virxe co Neno (Tosca e popular. Mosteiro de San Salvador Ferreira de Pantón); Virxe abrideira, Toldaos, preto de Samos). 
  • Provincia de A Coruña: Virxe da Paz (Convento M.M. Mercedarias, Santiago de Compostela); Virxe co neno (Virxe co Neno, Museo arqueolóxico e histórica da Coruña);  Virxe de Belén; Virxe de Vilatuxe (Museo arqueolóxico e histórico da Coruña). 
  • Provincia de Ourense:  A Fuxida de Exipto ( Santa Ana de Amedo Asadur, Ourense); A nosa señora do Refuxio (Museo Arqueolóxico provincial de Ourense); Virxe co Neno(Museo Arqueolóxico provincial de Ourense); Virxe co Neno (Museo Arqueolóxico provincial de Ourense); 
  • Provincia de Pontevedra: Virxe do Leite (Museo diocesano de Tui); A nosa Señora da Franqueira, A cañiza); A Nosa Señora de Belén (Mosteiro de Carboeiro); Virxe da expectación ou da “O” ( Museo Diocesano de Tui). 

Asistiron á inauguración a alcaldesa, Marisol Morandeira; os concelleiros Carlos Plácido Buján e Iván Morado; o párroco de San Xoán de Lagostelle, Óscar de Santiago e familiares da artista.

Poderase visitar a exposición ata o vindeiro 17 de agosto, en horario de mañá: de luns a venres, de 10:00 a 14:00 horas; e en horario de tarde, o luns e xoves de 16:00 a 18:00 horas, na Casa Habanera e coa entrada de balde.

0.16389989852905