Guitiriz inaugura a IV Copa Xogo da Ra e os Xogos da Primavera

TerraChaXa
A iniciativa, que promove a relación interxeracional e os xogos tradicionais, comezou o 15 de abril coa participación previa na competición no CIT e continuará todos os mércores no exterior da Escola Habanera
xogos-primavera-guitiriz
2 Apr 2026

O Concello de Guitiriz, a través da Biblioteca Municipal, organiza unha nova edición dos Xogos da Primavera, que comezarán o vindeiro 15 de abril, mércores, coa disputa da IV Copa Xogo da Ra.

Aínda que os Xogos da Primavera se celebrarán no exterior da biblioteca, a IV Copa da Ra trasladarase á Parga, concretamente ao CIT, e a súa disputa inaugurará oficialmente a programación de 2026. A competición desenvolverase de 11:30 a 12:30 horas e para participar será preciso realizar unha inscrición previa.

A IV Copa Xogo da Ra terá un máximo de 15 participantes, podendo reservar praza do 6 ao 13 de abril na Biblioteca Pública ou chamando ao 982 37 00 62. Ademais, a actividade conta coa colaboración da Asociación Amigos Museo Pepe de Pígara, que doará os premios aos tres primeiros clasificados. Ao remate da competición, haberá un convite para todos os asistentes.

Posteriormente, todos os mércores celebraranse sesións vespertinas dos Xogos da Primavera no exterior da Escola Habanera. Serán gratuítas e non será preciso realizar inscrición previa. Nestas sesións, as persoas participantes poderán gozar cos xogos tradicionais.

Esta iniciativa, posta en marcha no ano 2022, ten como obxectivo principal fomentar a relación interxeracional entre as persoas maiores e a infancia do municipio. O evento busca recuperar os xogos tradicionais, promovendo a participación das persoas maiores e utilizándoos como forma de relación entre todas as idades.

0.12784504890442