Guitiriz informa nunha reunión sobre o parque eólico de Satrebares

TerraChaXa
O Concello puxo á disposición dos veciños e veciñas os servizos dunha consultoría especializada
reunion-parque-eolico-satrebares
31 Jan 2025

O Concello de Guitiriz celebrou unha reunión para informar á veciñanza sobre o parque eólico Satrebares.

No encontro informativo, organizado na Casa Habanera, o Concello puxo á disposición da veciñanza os servizos dunha consultoría especializada, que informou aos asistentes sobre as afeccións a particulares provocadas por este proxecto, ademais de ofrecer asesoramento aos veciños e veciñas para formular as diferentes alegacións.

A charla foi moi positiva para aclarar dúbidas e tivo unha boa acollida por parte da veciñanza, que puido informarse sobre como pode afectar o parque eólico Satrebares ás parroquias de Labrada, Buriz, Os Vilares, Santa Mariña e San Xoán de Lagostelle.

Nas próximas semanas celebrarase unha nova reunión para explicar os resultados á veciñanza. Ademais, habilitarase un punto de información no Concello onde os veciños e veciñas poderán incorporar outros elementos afectados como traídas de auga ou compoñentes patrimoniais.

0.17725992202759