Guitiriz informou sobre as novas instalacións eólicas no termo municipal

TerraChaXa
Preto de 30 persoas acudiron onte á charla organizada polo Concello de Guitiriz para informar sobre a instalación de novos parques eólicos.
charla eolicos guitiriz
1 Feb 2022

Preto de 30 persoas acudiron onte á charla organizada polo Concello de Guitiriz no Restaurante La Casilla para informar aos veciños e veciñas sobre a instalación de novos parques eólicos no termo municipal.

Os encargados de dar a charla foron José Antonio Diéguez e Jacobo Feijoo Lamas, da Asociación Ventonoso, unha entidade para a promoción e fomento das enerxías renovables e a conservación, promoción e defensa dos recursos naturais e do medio ambiente.

O obxectivo deste encontro era explicar a situación na que se atopa cada un dos parques eólicos que afectan a Guitiriz e asesorar á veciñanza sobre as posibilidades que teñen.

0.19160580635071