Guitiriz inicia o luns un ciclo de charlas sobre saúde mental
O Concello de Guitiriz organiza o cilco Arredor do miolo, un programa de prevención e información sobre as problemáticas máis comúns de saúde mental que se desenvolverá na Casa Habanera e para o que a asistencia será libre e de balde.
Este ciclo divídese en catro xornadas, que estarán impartidas pola psicóloga María Cuba. A primeira será o luns 28 de novembro ás 18 horas e abordarase a saúde mental e a prevención do suicidio. A segunda será o luns 12 de decembro ás 18 horas e tratarase a ansiedade: tipoloxía, diagnóstico, manexo.... A terceira está prevista para o luns 16 de xaneiro ás 18 horas e abordará como axudar a unha persoa con depresión. Por último o luns 30 de xaneiro ás 18 horas falarase sobre a adicción a pantallas e novas tecnoloxías.