Guitiriz inicia unha campaña de divulgación para favorecer a separación de residuos

TerraChaXa
O Concello de Guitiriz continúa este ano 2024 coa súa aposta por seguir aumentando a reciclaxe dos bioresiduos, mediante as diferentes formas de compostaxe doméstica, comunitaria e nas escolas do municipio.
7 May 2024

O Concello de Guitiriz continúa este ano 2024 coa súa aposta por seguir aumentando a reciclaxe dos bioresiduos, mediante as diferentes formas de compostaxe doméstica, comunitaria e nas escolas do municipio. Para iso, nas próximas semanas iniciarase unha extensa campaña de divulgación coa veciñanza.

En primeiro lugar, vanse visitar todos os domicilios que estean cerca das zonas onde se instalaron os Centros de Compostaxe Comunitaria (CCC), para facer chegar a mensaxe da importancia da separación de residuos en orixe e da utilización dos centros de compostaxe, como a forma mais eficiente ambiental e economicamente de reciclar os bioresiduos.

Outra das medidas importantes vai ser a colocación de composteiros dentro das escolas para poder reciclar os propios refugallos orgánicos xerados nas comidas dos centros.

Finalmente vanse entregar 50 composteiros domésticos para as vivendas que o soliciten e queiran facer compostaxe na casa e obter o seu propio abono. Estes composteiros vanse sumar aos 60 xa instalados nas diferentes casas do municipio.

Neste sentido, o Concello de Guitiriz sigue avanzando no cumprimento da lei de residuos estatal e traballando para conseguir os obxectivos europeos a nivel de residuos. Continúa así dando pasos cara unha transición ecolóxica para ter un municipio mais amable coas persoas e o medio ambiente e economicamente eficiente e sostible.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.20474600791931