Guitiriz instala dispensadores de xel nos seus edificios municipais e no mercado
TerraChaXa
O Concello De Guitiriz adquire dispensadores automáticos de xel hidroalcohólico para instalar en todos os edificios municipais e tamén para o mercado municipal.
19 Maio 2020
O Concello De Guitiriz adquire dispensadores automáticos de xel hidroalcohólico para instalar en todos os edificios municipais e tamén para o mercado municipal.
O obxectivo desta medida é “asegurar que, nos espazos públicos máis frecuentados pola veciñanza, é posible cumprir as medidas de hixiene requiridas”, explicou Marisol Morandeira, alcaldesa da vila.
Esta medida foi tomada co obxectivo de controlar a expansión da pandemia no termo municipal e para evitar un posible rebrote no tempo.