Guitiriz instala sinalización contra a violencia machista
TerraChaXa
O Concello de Guitiriz instala sinalización contra a violencia machista nas súas estradas que inaugura o Día da Muller.
8 Mar 2021
O Concello de Guitiriz instala sinalización contra a violencia machista nas súas estradas. “Guitiriz non tolera as agresións sexistas”, así o indican os paneis recentemente colocados ao bordo das vías municipais.
Con esta nova campaña contra a violencia de xénero o Concello pretende sensibilizar e concienciar á poboación para loitar contra esta lacra. Esta é unha das accións levadas a cabo polo goberno local dentro da súa programación para conmemorar o 8 de marzo.