Guitiriz mellora os accesos a Santa Leocadia a través do Plan Camiña Rural

TerraChaXa
En concreto, levouse a cabo a renovación de dous quilómetros da estrada que comunica os núcleos de Carballedo, Aldar e Cabana
guitiriz-plan-camina-rural
19 Nov 2025

O Concello de Guitiriz vén de rematar diversas actuacións de mellora viaria na parroquia de Santa Leocadia. En concreto, levouse a cabo a renovación de dous quilómetros da estrada que comunica os núcleos de Carballedo, Aldar e Cabana, aplicando un novo aglomerado que permite optimizar o tránsito e garantir un acceso máis seguro para a veciñanza.

Estas intervencións están incluídas no Plan Camiña Rural 2025-2026 e contaron cun investimento total de 108.887,02 euros, destinado a mellorar o estado de vías que, polo paso do tempo, presentaban un notable deterioro.

Deste xeito, o Concello continúa executando actuacións en distintos puntos do termo municipal coa finalidade de reforzar a rede de accesos ás parroquias e facilitar a mobilidade no rural.

A alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, subliñou que “seguimos a traballar para que todas as parroquias conten con infraestruturas axeitadas, mellorando a seguridade e a calidade de vida da veciñanza. Estas actuacións son un paso máis no compromiso do goberno local co noso rural e co equilibrio territorial do municipio”.

⚙ Configurar cookies
0.069076061248779