Guitiriz ofrece o luns un novo curso de primeiros auxilios debido ao éxito da anterior edición

TerraChaXa
A actividade terá lugar na Escola Habanera en horario de 16:00 a 19:00 horas e será impartida polo doutor Javier Sánchez Rodríguez-Losada
curso-primeiros-auxilios-guitirz
11 Jul 2025

O Concello de Guitiriz celebrará este luns, 14 de xullo un curso teórico–práctico de primeiros auxilios dirixido a persoas que desexen adquirir coñecementos básicos para actuar con seguridade e eficacia ante situacións de emerxencia. Celébrase debido ao éxito da anterior edición, que non logrou atender a toda a demanda.

A actividade terá lugar na Escola Habanera en horario de 16:00 a 19:00 horas e será impartida polo doutor Javier Sánchez Rodríguez-Losada.

O curso ofrecerá formación práctica e útil sobre o uso de desfibriladores, técnicas de reanimación cardiopulmonar (RCP), manobras ante atragantamentos e aplicación correcta da posición lateral de seguridade tanto en adultos como en menores.

O número de prazas está limitado a un máximo de 15 por xornada, polo que as inscricións permanecerán abertas no departamento de Asuntos Sociais do Concello (extensión 1) ata as 14.00 horas do propio luns.

Con esta acción formativa, o Concello de Guitiriz reafirma o seu compromiso coa saúde, a prevención e o benestar da veciñanza, promovendo a difusión de ferramentas que poden resultar decisivas na vida cotiá.

⚙ Configurar cookies
0.17652797698975