Guitiriz organiza o ciclo infantil Tardes de Lecer
O Concello de Guitiriz aposta outro ano máis, durante o mes de xuño, polo ciclo de actividades Tardes de Lecer, dirixidas aos nenos e nenas de educación primaria.
Esta programación cultural e de conciliación constará de 4 actividades ao longo do mes de xuño e terán lugar CEIP Lagostelle, os martes e os venres en horario de 15:15 a 16:45 horas.
As persoas interesadas poderán inscribirse ata o 5 de xuño, ou ata completar aforo, a través do formulario dispoñible na web municipal que se poderá entregar de xeito presencial na casa do concello ou vía telemática a través da sede electrónica.
Programación completa
O 6 de xuño arrancarán a programación con Axudante de medio ambiente, un obradoiro de reciclaxe para continuar o 9 de xuño coa actividade ‘Que mercamos en Guitiriz?. A seguinte semana, o 13, será a vez de Eu mo guiso, eu mo como, obradoiro sobre produtos locais para finalizar o 16 con Pasapalabra.