Guitiriz organiza oito roteiros BTT desde outubro ata maio
O Concello de Guitiriz deseñou un programa de roteiros BTT para a tempada 2019/2020 que incorpora oito roteiros e que se levarán a cabo desde o mes de outubro ata maio do próximo ano.
Todas están abertas ao público en xeral, a partir dos 10 anos de idade, e cun mínimo de práctica en bicicleta de montaña. Terán unha duración de entre tres e tres horas e media. Haberá roteiros máis curtos, accesibles e adaptados, para os nenos e as nenas menores de 10 anos. É obrigatorio levar casco e aconséllase usar luvas sempre e tamén chubasqueiro en caso de choiva, ademais de levar sempre unha peza de froita e auga.
Haberá roteiros os domingos 20 de outubro, 17 de novembro, 15 de decembro, 19 de xaneiro, 16 de febreiro, 15 de marzo, 19 de abril e 31 de maio. Todas as saídas programadas faranse na data e horario indicados. É unha actividade organizada polo Concello de Guitiriz, en colaboración co Club Cova da Serpe.