Guitiriz organiza unha nova xornada formativa en competencias dixitais básicas

O Concello de Guitiriz acollerá este mércores, 4 de xuño, unha nova xornada formativa centrada nas competencias dixitais básicas (CDB), dirixida a persoas que queiran iniciarse ou mellorar o seu manexo de aplicacións móbiles esenciais para o día a día.
A actividade, que terá lugar na Escola Habanera en horario de 10:00 a 14:00 horas, está organizada en colaboración con Unións Agrarias e financiada pola Unión Europea a través dos fondos Next Generation EU no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
Durante a sesión abordaranse contidos prácticos como o uso básico de aplicacións do móbil, WhatsApp, Sergas Móbil, AlertCops e outras ferramentas útiles. A formación é completamente gratuíta e será necesario realizar unha inscrición previa na Biblioteca Pública Municipal de Guitiriz para poder participar.