Guitiriz organiza unha viaxe a Lalín o 10 de novembro
O Concello de Guitiriz organiza unha viaxe gastronómica a Lalín o próximo 10 de novembro. Na excursión degustarase o típico cocido da zona e realizaranse dúas visitas, unha á Queixería Pazo Anzuxao e outra ao Santuario da Virxe do Corpiño.
A saída está programada para as 8:30 horas desde o Campo da Feira e as persoas interesadas poderán anotarse desde este luns 21 de outubro ata o xoves 31 de outubro de xeito presencial na Oficina de Turismo do Concello.
As prazas son limitadas e terán preferencia para anotarse as persoas empadroadas. Será preciso un mínimo de 35 persoas inscritas para que se leve a cabo a viaxe.
O prezo da saída é de 45 euros e inclúe almorzo, comida e o transporte en autobús. Para solicitar máis información pódese chamar por teléfono ao número 982 370 109.