Guitiriz organiza unha viaxe á neve

TerraChaXa
O Concello de Guitiriz está decidido a aumentar as opcións de ocio dos seus veciños e veciñas e por iso organiza un viaxe á neve, neste caso á estación de esquí de Leitariegos, en León, que terá lugar do 15 ao 16 de febreiro.
Captura de pantalla 2020 01 27 a la(s) 15.44.36
27 Xan 2020

O Concello de Guitiriz está decidido a aumentar as opcións de ocio dos seus veciños e veciñas e por iso organiza un viaxe á neve, neste caso á estación de esquí de Leitariegos, en León, que terá lugar do 15 ao 16 de febreiro.

Nesta saída poden participar tanto adultos como nenos e nenas, aínda que os menores de idade deben ir acompañados sempre dun adulto ao seu cargo. O prazo para anotarse estará aberto a partir de mañá, martes 28 de xaneiro, e ata o venres 7 de febreiro. Os interesados deben formalizar a inscrición no Concello de Guitiriz de 8:30 a 14 horas e o pago na conta de Abanca das Escolas Deportivas Municipais antes da data sinalada.

O Concello de Guitiriz financia por completo o autobús e proporciona ás persoas que se anoten unhas económicas tarifas de aluguer tanto do material que necesiten (forfait, esquís, roupa, casco...) como para o aloxamento e manutención. Ademais, para os principiantes, tamén existe a posibilidade de facer unha clase con monitor ou monitora para coñecer as nocións básicas do esquí ou do snowboard.

A viaxe realizarase sempre que haxa un mímino de 25 persoas e un máximo de 40, por rigurosa orde de inscrición. Para máis información e para conseguir a folla de inscrición poden consultar a web municipal www.concellodeguitiriz.com

Captura de pantalla 2020 01 27 a la(s) 15.43.36
0.1934061050415