Guitiriz organiza unha xornada para facer rafting e kaiak polo río Ulla

TerraChaXa
O Concello de Guitiriz organiza para o mércores, 26 de agosto, unha xornada de aventura no Galipark de Padrón.
Guitiriz organiza unha xornada para facer rafting e kaiak polo río Ulla
30 Xul 2020

O Concello de Guitiriz organiza para o mércores, 26 de agosto, unha xornada de aventura no Galipark de Padrón. Alí, os rapaces e rapazas participantes poderán facer rafting e kaiak polo río Ulla.

Está dirixida á mocidade con idades comprendidas entre os 16 e 25 anos cumpridos. O prazo de inscrición remata o 20 de agosto e terán preferencia as persoas empadroadas, que ademais tamén se beneficiarán dunha redución do prezo, pagando 45 euros mentres que os non empadroados terán que aboar 75 euros.

A saída cara Padrón será ás 9 horas desde o Campo da Feira e o regreso as 22 horas. Para máis información e inscricións no teléfono 982 370 109, no correo mambroa@concellodeguitiriz.com ou na web www.concellodeguitiriz.com

0.1077721118927