Guitiriz organiza varios actos contra a violencia de xénero

TerraChaXa
O Concello de Guitiriz, a través do seu departamento de Igualdade xestionado directamente pola alcaldesa Marisol Morandeira, continúa co seu decidido labor de concienciación sobre a secuela da violencia machista e programou para este mes unha serie de actos para conmemorar o Día Contra a Violencia de Xénero, que terá lugar o próximo 25 de novembro e para o que se quere involucrar a toda a sociedade.
21 Nov 2019

Outro ano máis, o Concello adheriuse á campaña ‘En negro contra as violencias’, mediante a cal se tinguirán de negro tanto os espazos públicos como os diferentes establecementos do municipio. No Concello colgarán pancartas cos lemas ‘Guitiriz en Negro e ‘Pola igualdade, Concello de Guitiriz contra a violencia’. Aqueles particulares que estean interesados en contar co material da campaña deben poñerse en contacto co Concello.

Ademais, o 30 de novembro ás 19 horas na Casa Habanera haberá unha obra de teatro dirixida ao público adulto e titulada ‘Daqueles pos estes lodos’.

Para os máis pequenos programouse para o propio 25 de novembro un contacontos titulado ‘Contos de meniñas grandes e pequenas” nos distintos centros educativos de Guitiriz. No CEIP Lagostelle haberá dúas sesións, unha ás 10:00 h. e outra ás 11:30 h. No CEIP Santo Estevo de Parga a sesión será ás 15:00 h. O obxectivo desta acción é traballar de base na sensibilización e no empoderamento das nenas desde a infancia.

Os escolares do municipio tamén levan traballando neste sentido durante todo o curso a través do programa ‘Pisando estereotipos’, que ten o obxectivo de axudar a previr condutas machistas.

Acto institucional

O propio 25 de novembro o Concello de Guitiriz organizará un acto institucional para condenar todo tipo de violencia machista e que ademais servirá para inaugurar un mural no que se recollerán as historias de vida das 66 mulleres vítima de violencia de xénero que se contabilizaron ao longo deste ano.

0.11055588722229