Guitiriz pecha a inscrición para a súa Aula da Calma
O Concello de Guitiriz pecha o día 20 a inscrición para unha nova edición do seu programa Aula da Calma, que conta con modalidades para diferentes tramos de idade, desde os 6 aos 29 anos.
As persoas interesadas poden participar en Aula da Calma nenos (de 6 a 12 anos), Aula da calma transformando-ME (DE 13 a 17 anos) e Aula da Calma Atopando-ME (de 18 a 29 anos). As inscricións poden formalizarse de forma presencial na casa do concello ou telemática na sede electrónica, ata completar aforo (deberá haber un mínimo de 8 participantes).
O obxectivo deste programa varía segundo a modalidade, coa idea xeral de ensinar a manexar a ansiedade, o estrés e a frustración, axudando a buscar a calma. Todo isto a través do ioga, o xogo, mindfullness, medicación, técnicas de relaxación...