Guitiriz permite xa realizar o empadroamento a través da Sede Electrónica

TerraChaXa
A veciñanza pode dar de alta o seu padrón e descargar o certificado de empadroamento empregando DNI electrónico, certificado dixital ou Clave PIN
GUITIRIZ sede electronica
13 Nov 2025

O Concello de Guitiriz habilitou un novo servizo que facilita o acceso á administración local: desde agora é posible realizar o empadroamento de maneira telemática a través da Sede Electrónica municipal. As persoas interesadas só teñen que acceder á plataforma e premer no apartado Padrón de habitantes, onde figura a opción Solicita a túa alta no Padrón de habitantes.

Para completar o trámite é necesario contar cun sistema de identificación dixital válido, como o DNI electrónico, un certificado electrónico ou Clave PIN. A administración local destaca que este procedemento dixital permite aforrar tempo e evita desprazamentos, especialmente útil para quen non pode acudir ás oficinas municipais en horario de mañá.

Unha vez formalizada a alta no padrón, o usuario pode descargar o seu Certificado de Empadroamento identificándose novamente na Sede Electrónica e accedendo ao apartado Certificado de Padrón. O Concello subliña que o proceso é sinxelo, seguro e dispoñible as 24 horas do día.

⚙ Configurar cookies
0.071017980575562