Guitiriz pon en marcha o seu campamento urbano Guitiaventura
O Concello de Guitiriz pon en marcha o seu campamento urbano Guitiaventura para o verán, do 15 ao 19 de xullo.
Será unha semana de xogos cooperativos, aventura, auga, saídas ao campo.... e moita diversión. É un campamento orientado a nenos de entre 9 e 15 anos, e o horario será de 10 a 14 e de 16 a 20 horas.
O prazo para formalizar as inscricións é ata o 1 de xullo de 2019. O prezo é de 30 euros por neno, e no caso de irmáns haberá unha bonificación do 20% a cada un. As familias monoparentais e numerosas tamén desfrutaran dunha bonificación dun 20% e as familias en situación de vulnerabilidade dun 50%.
Pretende ser un campamento urbano para gozar e rir, con aventura e con dinámicas, xogos e actividades adaptadas á idade e en entornos naturais e sempre respectando as necesidades dos mozos e fomentando a cooperación e superación persoal e a cohesión grupal. A actividade grupal e as dinámicas non competitivas serán a base da pedagoxía utilizada.