Guitiriz prepara unha nova edición da cabalgata para este sábado
TerraChaXa
Un ano máis a Asociación Xermolos será a encargada de organizar a tradicional cabalgata de Reis, que se celebrará, como é costume, o día 5, sábado a partir das 16 horas.
3 Xan 2019
Un ano máis a Asociación Xermolos será a encargada de organizar a tradicional cabalgata de Reis, que se celebrará, como é costume, o día 5, sábado a partir das 16 horas. A comitiva real arrincará do Campo da Feira de Parga e ás 17.30 está previsto que teña lugar o percorrido en Guitiriz dende a Ponte Veiga ata a Casa do Concello, onde serán recibidos pola alcaldesa e representantes da corporación. Os Reis Magos saudarán aos nenos e nenas e continuará ata a carpa instalada no colexio de Guitiriz para atender as peticións dos pequenos. Neste lugar haberá foliada e chocolatada animada polo Grupo de Giatas Caivanca.