Guitiriz prepárase para o XX Rally Rías Altas Histórico

TerraChaXa
Este terá lugar o 19 de outubro e tamén discorrerá polo concello de Xermade
rally-guitiriz-historicos
29 sep 2024

O XX Rally Rías Altas Histórico celebrarase o 19 de outubro de 2024 en Guitiriz, reunindo a uns 50 equipos de vehículos clásicos nunha proba que percorrerá os municipios da comarca.

O próximo 19 de outubro de 2024, celebrarase o XX Rally Rías Altas para vehículos históricos, organizado polo Moto Club Coruña-Escuadra Centola, coa colaboración da Asociación Lucense de Automóbiles Antigos e o Concello de Guitiriz.

A proba terá o seu epicentro no Concello de Guitiriz, onde a saída se realizará desde a praza do Campo da Feira e a meta estará no Balneario de Guitiriz. Desenvolverase durante a tarde do sábado, cun percorrido total de 175 km, que discorrerá polos concellos de Guitiriz, Xermade, Aranga e Monfero.

Espérase a participación de equipos de diversas escuadras de clásicos de Galicia, así como da Asociación de Amigos do MAHI e mesmo dalgún equipo de Asturias, alcanzando a inscrición de edicións anteriores, ao redor dos 40-50 equipos participantes.

0.10910797119141