Guitiriz presenta o seu programa de Nadal

TerraChaXa | LugoXa
O Concello de Guitiriz presentou hoxe o seu Ludinadal, alcume baixo o que se levará a cabo a programación municipal de actividades para o Nadal e que incluirá opcións como patinaxe sobre xeo, inchables, obradoiros e outras.
unnamed
12 Dec 2020

O Concello de Guitiriz presentou hoxe o seu Ludinadal, alcume baixo o que se levará a cabo a programación municipal de actividades para o Nadal e que incluirá opcións como patinaxe sobre xeo, inchables, obradoiros e outras.

A programación dará comezo o 23 de decembro e rematará o 7 de xaneiro. Na praza do Campo da Feira instalarase a pista de xeo e os inchables, que permanecerán durante todas as xornadas en horario de 10:30 a 21 horas.

Ademais, no mesmo lugar cada tarde haberá diferentes obradoiros (postais de Nadal, de educación viaria, de chapas de Nadal, pasatempos, adornos de Noite Vella, globoflexia, reciclaxe...) e outras opcións de entretemento como xogos xigantes, xogos musicais, xogos tradicionais, un simulador de surf ou un espectáculo de maxia.

O 23 de novembro o Apalpador visitará Guitiriz para coñecer os desexos dos máis pequenos e para o 5 de xaneiro o Concello decidiu non programar ningunha actividade xa que está a agardar aos Reis Magos de Oriente, que aínda non confirmaron a súa visita.

A alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, explicou que “optamos por ofrecer un amplo programa de actividades para o Nadal xa que se levarán a cabo dun xeito seguro, con grupos reducidos, respectando o aforo e todas as medidas de prevención marcadas polas autoridades sanitarias”.

Consulta o programa completo neste enlace.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16030192375183