Guitiriz reivindicará o uso do tren asistindo ao Día do Veciño o 23 neste medio de transporte
O Concello de Guitiriz convertirá a celebración do Día do Veciño nun acto reivindicativo do uso do tren.
Así, o Concello invita a todos os veciños a sumarse á celebración en Lugo do Día do Veciño, organizada pola Federación Veciñal de lugo o domingo 23 de setembro no Pazo de Feiras e Congresos.
Para acudir a esta celebración, os veciños de Guitiriz que asistan collerán o tren ás 10.20 en Guitiriz e voltarán á mesma estación ás 20.15 horas.
O obxectivo desta viaxe é facer valer as demandas feitas en numerosas ocasións "de ter máis servizos con paradas en Guitiriz", indican desde o concello.
O prazo desta viaxe é de 7 euros, catro para a viaxe en tren e 3 para o xantar, que está subvencionado pola Federación veciñal.
A data límite para anotarse é o 18 de setembro.