Guitiriz reparte máscaras reutilizables entre o alumnado

TerraChaXa | LugoXa
O Concello de Guitiriz fixo entrega, durante esta semana, de 1.
49699918_2446287328718225_6345712127122079744_o
17 Xan 2021

O Concello de Guitiriz fixo entrega, durante esta semana, de 1.144 máscaras reutilizables para parte do alumnado do municipio, catro por cada neno. A partida orzamentaria para esta adquisición foi de 2.631,12 euros.

A Xunta de Galicia garantiu a entrega de máscaras ao alumnado que tiña adxudicada a axuda para compra de material escolar durante este presente curso. Por iso, o Concello decidiu completar este reparto e facer un esforzo para que todos os alumnos e alumnas do Concello tivesen este elemento de protección.

Reparto

Deste xeito, o pasado mércores, 112 rapaces do IES Poeta Díaz Castro foron os beneficiados, con catro máscaras por cada escolar. A Xunta, por outra banda, fixo entrega a 81 alumnos.

No Ceip Lagostelle, o grupo de goberno entregou o xoves máscaras a 152 colexiales (catro por alumno), mentres que a Xunta fixo o propio e proporcionoullas a 90.

Por último, mentres que a Xunta entregou máscaras a 20 alumnos no Ceip Santo Estevo de Parga, o equipo de goberno deullas este venres a 22 (catro para cada un).

A alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, destacou “o esforzo levado a cabo polo grupo de goberno para que ningún neno ou nena de Guitiriz quedase sen a súa máscara. Ademais, este tipo de elementros de protección son reutilizables e pódense lavar ata un total de 30 veces”.

0.17972707748413