Guitiriz reúne este xoves aos xogadores máis novos de fútbol sala nun torneo
TerraChaXa
O evento, que non ten carácter competitivo, reunirá a cinco equipos de categoría biberón
17 Dec 2024
O Concello de Guitiriz organiza este xoves, 19 de decembro, no pavillón municipal Jonathan Carro Paz o torneo Pitufiñ@s de fútbol sala, un evento que non ten carácter competitivo e que reunirá a cinco equipos de categoría biberón: Vilalba FS, Concello de Cospeito, Concello de Begonte, Castro FSF e Concello de Guitiriz.
Desde as 17 horas disputaranse partidos simultáneos en media cancha de 12 minutos de duración. A entrega de premios está prevista para as 19 horas.