Guitiriz segue a reducir os casos nunha nova xornada á baixa na provincia

TerraChaXa
Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
balance covid provincia lugo
22 Feb 2021

A provincia continúa reducindo o número de casos activos de covid de forma notoria e aumentando o número de concellos que quedaron libres da covid, agás en Guitiriz onde o virus está en descenso pero aínda con moitos casos. A vila con máis incidencia segue a ser a capital, aínda que está tamén á baixa malia o gromo detectado no barrio de Paradai.

Así, este luns son 795 casos activos, que son 43 menos que onte. Na xornada anterior o descenso foi de 63.

Rexistráronse nas últimas 24 horas 36 casos novos (onte foron 25), o que implica un novo aumento de novos contaxios, que levaban varios días por debaixo de 30. Ademais, as altas chegaron ás 10.561, 78 en 24 horas, o día anterior foron 97.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 11.559 casos rexistrados e 198 persoas falecidas.

A presión hospitalaria mantense sen cambios. Nas UCI hai 21 ingresados, todos no Hula, e en planta hai 43 enfermos, 29 no hospital de Lugo, 6 na Mariña e 6 en Monforte. O Polusa de Lugo ten tamén 2 enfermos.

POR COMARCAS

A Mariña

Cando a covid parecía eliminada, A Pontenova rexistra 12 casos mentres Viveiro reduce xa a 13. Alfoz súmase aos concellos sen incidencia nos últimos 15 días.

  • Viveiro segue reducindo os casos con 13 en total, 5 menos que onte.
  • A Pontenova debuta con 12 casos.
  • Trabada, Alfoz e Lourenzá non teñen casos novos nos últimos 15 días.

Terra Chá

Nova xornada de reducción de casos con Vilalba xa en 24 e Guitiriz comezando a dobregar o gromo tamén cun descenso de 6 casos. Rompe a tendencia Outeiro de Rei, que suma 1 e As Pontes, que tamén sobe.

  • Vilalba continúa á baixa con 24 casos, 7 menos.
  • Guitiriz reduce 6 casos e queda en 111.
  • Outeiro de Rei, pola contra segue sumando, 1 contaxio máis, ata 17.
  • Pol, Abadín e Xermade están sen casos novos nos últimos quince días.
  • No veciño Concello das Pontes sobe 2 casos ata 33.

Centro da provincia

Lugo volve sumar casos vinculados ao gromo rompendo a tendencia á baixa dos últimos días. Guntín tamén volve á zona de vixilancia con 10 casos e O Corgo non reduce.

  • Lugo rompe a tendencia á baixa con 5 casos máis, 236 en total.
  • O Corgo tamén mantén 22.
  • Guntín volve a ter 10.
  • A zona da Montaña continúa con varios concellos sen casos nos últimos días como A Fonsagrada. Pedrafita do Cebreiro, Negueira de Muñiz, Navia Cervantes e Ribeira de Piquín. Tamén Antas de Ulla está nesta situación.

Comarca de Sarria

Sarria e Láncara e Portomarín manteñen algún caso mentres o resto da comarca está case libre do coronavirus.

  • Sarria mantén os 14 casos de onte.
  • Samos, Triacastela, O Incio, Paradela e O Páramo están xa sen casos novos dende hai 15 días.

Ribeira Sacra

Monforte, que segue á baixa e é xa o único concello con máis de 10 casos aínda que cunha incidencia alta.

  • A vila de Monforte contabiliza hoxe 60 casos, 2 menos.
  • Bóveda e Folgoso do Courel están sen casos dende hai máis de 15 días.
0.19201683998108