Guitiriz, Sober e O Corgo rompen a tendencia á baixa na presenza da covid

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
A provincia continúa a boa marcha para superar esta tercera vaga de covid-19 mellorando o número de casos activos e de contaxios novos pero mantendo a atención sobre Guitiriz, o Concello que está en aumento do contaxios.
balance covid provincia
13 Feb 2021

A provincia continúa a boa marcha para superar esta tercera vaga de covid-19 mellorando o número de casos activos e de contaxios novos pero mantendo a atención sobre Guitiriz, o Concello que está en aumento do contaxios.

Así, este sábado os casos activos sitúanse en 1.382, que son 55 menos que onte. Na xornada anterior o descenso foi de 77.

Rexistráronse nas últimas 24 horas 65 casos novos (onte foron 62). Ademais, as altas volven ser moi elevadas xa que chegaron ás 9.648, 124 en 24 horas, o día anterior foron 140.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 11.224 casos rexistrados e 188 persoas falecidas, dous máis que onte, unha usuaria da residencia de Sarria de 98 anos e un home de 85 ingresado no hospital da Mariña.

A presión hospitalaria segue sendo alta. Nas UCI hai tres casos maís, 28 en total, todos no Hula. Hospitalizados en planta hai 61 persoas (5 menos que onte), 36 no hospital de Lugo (1 máis), 9 na Mariña (1 menos) e 15 en Monforte (5 menos). Tamén hai unha persoa ingresada no Polusa de Lugo.

POR COMARCAS

A Mariña

A situación na Mariña mellora máis con Viveiro á baixa e Burela reducinedo á metade os seus casos activos. O resto están todos por debaixo de 10 contaxios nos últimos quince días.

    • Viveiro reduce 4 casos e son xa 46.
    • Baixón en Burela, que queda en 14, 13 menos.
    • Ribadeo xa está por debaixo de 10.
    • Riotorto é o único concello sen casos novos nos últimos 15 días.

Terra Chá

Vilalba experimenta unha nova baixada importante de casos pero aínda están moi altos. Guitiriz preocupa ata chegar a 88 casos, no resto contrólase.

  • Vilalba continúa á baixa con 108 casos, 12 menos.
  • Nova subida para Guitiriz, 14 casos máis que onte para chegar a 88.
  • Cospeito sobe 1 casos ata 17.
  • Outeiro de Rei baixa 1 a 13.
  • Castro de Rei segue con 17.
  • Pol e Muras está sen casos novos nos últimos quince días.
  • No veciño Concello das Pontes continúa baixando, 4 casos menos hoxe, 44 no cómputo total.

Centro da provincia

Mentres Palas de Rei reduce considerablemente o número de contaxios, en Lugo volven crecer pero con pouco relevaancia. Si preocupa O Corgo, que volve sumar casos e xa está en 22.

  • Lugo rompe a tendencia á baixa e suma 6 casos ata 319.
  • Baixón tamén en Palas de Rei con 11 menos e 15 en total.
  • Monterroso rebaixa 4 ata 12.
  • Portomarín reduce un caso e queda en 13.
  • Guntín sobe nesta xornada ata 16 (2 máis).
  • Castroverde rebaixa 2 e queda con 12 en total.
  • O Corgo volve sumar casos, 6 máis, e chega a 22.
  • A zona da Montaña continúa con varios concellos sen casos nos últimos días como Negueira de Muñiz, Navia e Ribeira de Piquín. Tamén Antas de Ulla está nesta situación.

Comarca de Sarria

A comarca loita por expulsar o virus, claramente controlado.

  • Brusca caída en Sarria, que rebaixa en 30 os contaxios ata 38.
  • Láncara rebaixa 2 caso ata 13.

Ribeira Sacra

Descensos significativos en Monforte e Quiroga e segue a tendencia á baixa. Destaca a subida de Sober, que suma 5 casos novos e A Pobra de brollón con un.

  • A vila de Monforte contabiliza hoxe 136 casos, 13 menos.
  • Quiroga segue en descenso con rebaixa a 17, 7 menos que onte.
  • Chantada está por debaixo de dez casos.
  • Taboada mantén os 13 de onte.
  • O Saviñao segue con 18 contaxios.
  • Pantón baixa a 13 (2 menos).
  • Pobra do Brollón suma un caso e certifica 13.
  • Sober sobe a 17 con 5 casos novos.

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17420411109924